INICIO
Vigo: Martes 30 de setembro. Ás 19:00 horas no centro parroquial "Cristo da victoria" (Rúa Baiona nº9, Coia)
Compostela: Mércores 1 de outubro, ás 12:00 horas na aula 1.2 da facultade de Ciencias Políticas

Os vindeiros días martes 30 de setembro e mércores 1 de outubro terá lugar a presentación do último libro editado pola Fundación Federico Engels, "Bajo la bandera de la rebelión. Rosa Luxemburgo y la Revolución Alemana". Os actos contarán coa presenza de Juan Ignacio Ramos, autor do libro.

Neles debatiremos a fondo as ideas da gran revolucionaria  Rosa Luxemburgo, discutiremos sobre a revolución obreira que tivo lugar en Alemaña en 1918-19, e falaremos sobre a necesidade dunha alternativa marxista hoxe.

Sobre o libro:

O levantamento dos mariñeiros de Kiel, a principios de novembro de 1918, foi o inicio dun movemento revolucionario incendiario. Os obreiros e os soldados insurrectos conquistaron cidade tras cidade, liberaron aos prisioneiros políticos, izaron a bandeira vermella nas rúas, fábricas e cuarteis e formaron os Consellos de Obreiros e Soldados. A forza da clase traballadora demostrou ser moito máis potente para derrocar ao Imperio Alemán que os obuses inimigos.

O poder encarnado polos Consellos de Obreiros e Soldados alemáns non logrou impoñerse, a diferenza do que ocorreu na Rusia revolucionaria. Os factores que determinaron este desenlace son diversos, pero un destaca entre eles: a revolución alemá foi traizoada polos dirixentes do principal partido obreiro, o SPD. Enfrontados a un inimigo con medios moi considerables, a Liga Espartaquista tratou de emular o exemplo dos bolxeviques. Pero o valor e o sacrificio en vidas humanas dos obreiros comunistas de Berlín non foron suficientes. No transcurso daqueles acontecementos non lograron crear un partido marxista de masas, e a contrarrevolución esmagou a insurrección de xaneiro de 1919 asasinando vilmente aos seus dous dirixentes máis carismáticos.

O noso afán foi establecer un fío condutor entre o pensamento de Rosa Luxemburgo e a revolución. As súas achegas transcenderon no tempo e as súas obras convertéronse en clásicos do marxismo. Pero Rosa non só foi unha teórica da clase obreira que denunciou con enerxía ao reformismo e librou unha batalla frontal contra a dexeneración da socialdemocracia alemá e a Segunda Internacional; foi sobre todo unha revolucionaria entregada á tarefa práctica da emancipación dos traballadores.

COLABORA CON NOSOTROS Y HAZTE SOCIO

Distribuidor comercial  a librerías Rodrigo Pasero. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 629 724 830 

Hazte socio de la Fundación Federico Engels y contribuye a su mantenimiento económico y favorece el desarrollo de sus actividades y publicaciones.

¡Ayudanos a defender y difundir las ideas del marxismo revolucionario!

Ver más información...

@ Fundación Federico Engels. Todos los derechos reservados

Condiciones legales de uso y política de privacidad